Proxecto Mar de Lugo


Este proxecto desenvólvese a partir do ano 2011 gracias ás axudas concedidas polos Grupos de Acción Costeira, na súa laboura de promoción das comunidades mariñeiras e co obxectivo de lograr difundir a pesca sustentable que se realiza no Mar de Lugo.
 
Realizáronse diversos materiais audiovisuais: folletos, web, mapas, guías, videos, dvd, …, para dar a coñecer a actividade que desenvolven diariamente as Confrarías de Pescadores da provincia de Lugo na xestión da pesca costeira e no marisqueo, nunha zona como “A Mariña”, que é altamente dependente da pesca, e na que se pretende manter a capacidade da pesca, da flota e do emprego, intentando rentabilizar a actividade dos nosos pescadores.
 
Esta flota costeira é a máis tradicional e menos industrial, e tamén a máis responsable co medio ambiente, a máis sostible por utilizar artes de pesca selectivas, e todo elo cunha estrutura económica e social de moita repercusión na zona por ser empresas familiares onde ainda é maioritario o sistema retributivo á parte.
 
O fin último do proxecto da campaña ”MAR de LUGO” é dobre: promocionar un produto de primeira calidade e un sistema de traballo tradicional e selectivo da pesca costeira artesanal.
 

mardelugo_GAC2